O BNG mobiliza o voto da mocidade como motor de cambio en Santiago de Compostela

por | May 23, 2023 | Política | 0 Comentarios

O BNG vense afianzando nos últimos anos como o partido de referncia da xente nova. A mocidade preocupada polos retos da súa xeración, como a igualdade, o feminismo, o dereitos LGTBIQ+ ou o ecoloxismo, está a ver no Bloque o único referente do país capaz de poñer en marcha a maquinaria para afrontar estes asuntos con políticas públicas de impacto.

O partido nacionalista é a formación que máis xente moza leva nas súas listas e a idade media dos seus representantes políticos, tanto nos concellos como no Parlamento Galego, inferior a do resto dos partidos, estase a percibir por boa parte do electorado como unha aposta de futuro por un proxecto de país e por unha xeración que ten moito que dicir.

O caso de Santiago de Compostela é especialmente paradigmático xa que polas súas circunstancias académicas, posúa unha das poboacións máis novas de Galicia, con milleiros de estudantes e de xente nova que participa activamente en movementos estudantís e políticos. Un xerme de activismo do que está a beber o BNG como o gran partido reformista do país. Por iso a candidatura do Bloque para a cidade compostelá pon o acento de forma especial nas políticas públicas destinadas á mocidade. Goretti Sanamartín rodeouse tamén de xente nova pero que xa leva anos participando activamente na vida pública a través de asembleas, sindicatos e diferentes plataformas cidadás.

A candidatura de Sanmartín estase a percibir como a única capaz de producir un cambio real na política municipal da capital galega. Un cambio que ten tamén que vir acompañado por un novo perfil para ocupar a Alcaldía no pazo de Raxoi: unha muller, feminista e ecoloxista. A pesar de ser Santiago unha das urbes más interxeracionais e cosmopolitas de Galicia, aínda non foi quen de darlle a oportunidade da gobernanza a unha muller, cousa que si aconteceu xa, por exemplo, en Lugo ou na Coruña. O liderado sólido e crible de Ana Pontón á fronte do Bloque Nacionalista Galego está a servir de acicate para outras mulleres que son cabeza de lista nos seus concellos e que aspiran á Alcaldía tanto nas grandes cidades, como é o caso de Goretti Sanmartín, como nas vilas.

Últimas noticias