Yolanda Diaz ataca ao BNG pola reforma laboral ás portas da campaña

por | Jul 7, 2023 | Política

Nos últimos días, Yolanda Díaz e outras persoas vencelladas á súa organización política, Sumar, volveron criticar ao BNG pola súa postura contraria á reforma laboral impulsada pola ministra de Traballo. A organización nacionalista, xunto a outras como Esquerra Republicana de Catalunya ou EH Bildu, votou no seu momento en contra da aprobación da mesma, presentando posteriormente no Congreso as medidas cuxa ausencia no texto proposto lles levou precisamente a esta posición. Díaz identifica publicamente así ao BNG como un inimigo na súa campaña en Galicia, tentando competir con este polos seus votantes.

A candidata á presidencia do Goberno por Sumar afirmou que a reforma laboral que impulsou logrou aumentar notablemente o número de contratos indefinidos, aumentar o número de persoas traballando a cifras récord e reducir o paro xuvenil. Porén, esta reforma resultou moi polémica por non ser realmente unha derogación da anterior e manter moitas das súas características principais. Para ERC, BNG, e EH Bildu, resultou totalmente insuficiente, e así o fixeron saber no seu momento no Congreso dos Deputados.

Para as formacións nacionalistas, a ausencia de puntos clave como o dos 45 días de indemnización por despido improcedente facían inasumible que votasen a favor. Tamén reivindicaron que o despido colectivo estea xustificado só cando a empresa teña unha situación económica negativa «continuada», é dicir, que teña «pérdidas actuais» e non “meramente estimadas», ou se se constata unha reducción «grave e persistente» do seu nivel de ingresos ordinarios que poida afectar á súa viabilidade. As súas propostas incluían así mesmo a recuperación do salario de tramitación ou a reforma das causas de despido obxectivo, derogando de xeito efectivo a reforma laboral impulsada polo PP en 2012.

BNG, ERC e EH Bildu consideran as súas propostas como compatibles e “non excluíntes cos proxectos anunciados polo Ministerio de Traballo e Economía Social”. Porén, estas non foron aceptadas, e agora, a ministra Yolanda Díaz aproveita a precampaña electoral para cargar contra estas organizacións. En Galicia, o BNG optou por non responder aos ataques da líder de Sumar, pero lamentan a súa estratexia, considerando que na práctica están a restar e a dividir o voto progresista nun proceso electoral crucial.

É ben sabido que as “broncas” entre partidos da esquerda son castigadas polo electorado, que non entende este tipo de divisións por motivos puramente electorais. Polo tanto, son moitos os que están a sinalar a Sumar en redes sociais por confundirse de inimigo e atacar á esquerda nacionalista en vez de centrar os seus esforzos no seu inimigo común, a dereita e a extrema dereita. A posibilidade de que o Partido Popular e Vox gobernen xuntos a partir das vindeiras eleccións xerais está no aire, e todas as enquisas apuntan a que cada deputado vai ser fundamental á hora de decantar a balanza cara un lado ou cara outro.

Últimas noticias

El PPdeG abraza el manual de Vox
El PPdeG abraza el manual de Vox

El partido de Alfonso Rueda, con mayoría absoluta en la Xunta, ensaya desde hace meses una estrategia comunicativa y parlamentaria calcada de los manuales de la derecha radical: caricatura del adversario con inteligencia artificial, amalgama con el terrorismo de ETA y...

El PPdeG abraza el manual de Vox
El PPdeG abraza el manual de Vox

El partido de Alfonso Rueda, con mayoría absoluta en la Xunta, ensaya desde hace meses una estrategia comunicativa y parlamentaria calcada de los manuales de la derecha radical: caricatura del adversario con inteligencia artificial, amalgama con el terrorismo de ETA y...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.